People Who Hate People, Come Together!
Unha das vantaxes dos ídolos mortos e dos ficticios sobre os ídolos vivos é que podes parolar e beber cervexa con eles na túa imaxinación sen te sentir un lunático. Gosto de convidalos á miña casa, a que apoien os pés sobre as mesas e falen do que lles veña en gana. Leo a prensa do día en voz alta para eles: Local, Nacional, Internacional, Sentimental. Nunca hai unanimidade nas opinións dos meus convidados, mesmo as cuestións máis sinxelas prenden a chama do debate. E cando ese lume se estende polo aire, fico en silencio, coas orellas ben abertas, aprendendo dos meus Santos milagreiros.
E cando os Santos van marchando, apago unha candea por cada un deles. Dun tempo a esta parte, a derradeira volve ser sempre a de Bill Hicks. O Dark Little Poet, o derradeiro predicador. Ficamos os dous cos chapeos de cowboy inclinados, facendo bailar o fume do noso tabaco á luz tenue desa derradeira candea, arranxando o mundo, limpándoo de zugadores do carallo de Satán, entre risos maléficos ata o alento final da chama. E cando chega, non hai máis despedida que un fundido a negro, nin maior alegría que a certeza de que, despois de tanto tempo, volve haber alguén que comprende aquí adentro.

<< Home