Sento xunta a vía, o cabalo de ferro pasa ante min lambendo a grava con laparadas de fume e cinsas. Ao vello garda do paso a nivel xa case non lle quedan dentes nin leis de Deus que romper. Rañando na caluga coa pouta tisnada, pregúntame cómo dei atopado o camiño de volta a casa.
<< Home