sexta-feira, janeiro 27, 2006

Descom-post

1.
Non quero amencer no lugar máis inhóspito da terra (brea, plumas e resaca) coa impresión de que outra vez me estiven facendo trampas toda a noite. Nunca máis.

2.
Nunca saberei se aquelo de "eres luz y amor" ía por min ou non. Prefiro pensar que si. Se unha mentira é suficientemente grande, pode dicir moito máis que mil verdades.

3.
Quérovos convidar a todos a un café con leite dobre.