domingo, março 12, 2006

Nem ás Paredes Confesso

Querido Blogue:
Estes días fuxo da xente para practicar Cambalache nunha armónica que xa estivo en máis bocas ca min. Eu sempre quixen ser bluesman, tanguero ou fadista. E non só pola coolness decadente asociada a estes estereotipos. Pensen vostedes en Robert Johnson derramándose por todo aquel amor en van, con esa voz da primeira fosa, oitavo círculo do inferno, que fai enrugas nos traxes e liba a medula dos ósos. E destila o Sentimento Innato e Universal. Chámenlle blues, negrasombra, a dor de vivir. Ninguén pode compadecerse dun cantor de blues polo mesmo motivo que ninguén pode rir da súa miseria: quen non naceu baixo unha mala estrela é un malparido.