quarta-feira, setembro 13, 2006

Reencontros

Clerks II é una peli que quero que vexa moita xente. Tamén me pido para o meu aniversario que Kevin Smith volva pronto a repetir a súa fórmula maxistral SuburbiosdeNJ + ChistesdeBaixadelas. Ou mellor, que de agora en diante todas as películas do mundo transcurran nos suburbios de New Jersey e estean ateigadas de chistes de baixadelas e de xente que arrinca a bailar sen motivo aparente. E postos a pedir, tamén quero unha Becky.

Kurt Vonnegut é A Man Without a Country no seu derradeiro libro, en parte unha obra (mestra, engado como fan) de reciclaxe dos seus artigos para These Times, entre os que non podo deixar de destacar un Cold Turkey que teño case como algo meu. Un Hombre Sin Patria, lixeiro como a idea dunha pluma a facer cóxegas na miña alma de babexante admirador incondicional, ten un certo cheiro a testamento literario. O mesmiño, por outro lado, que xa desprendían El Desayuno de los Campeones (1973) e o aclamado Matadero 5 (1969) que, aínda que pareza mentira, é leitura obrigatoria en moitas escolas dos USA.