sexta-feira, dezembro 23, 2005

WishList

En lugar de escribir corenta liñas de palabras malsoantes, como me dicta o corazón neste momento, decidín facer unha lista de cousas polas que paga a pena seguir amando o Nadal.

Só na Casa
Os Especiais das SitComs Norteamericanas
Xantanzas
Viaxar en coches envoltos na escuridade
Acender a radio e escoitar
A Christmas Carol
A Christmas Gift for You, from Phil Spector
White Christmas, na versión dos Drifters
Axóuxeres
Empenecarse en Familia
Catálogos de Xogueterías
Bula para o Consumismo
O Inseparábel Sorriso Bovino
Roscos de Viño
A Lembranza dos Especiais de Martes y 13
Nostalxia dunha Época que Nunca Existiu
Sentirse Clark Wilhelm Griswold, Jr.
Só na Casa II
A Oblea do Turrón Duro
Die Hard
It's a Wonderful Life!

O mundo podería pasar sen outra máis destas caralladas, pero neste momento eu precísoa tanto coma oxíseno, nicotina e unha aperta.
Bo Nadal.

quinta-feira, dezembro 22, 2005

En Plan Batman

O Snob Neurótico estréase no mundo da música berrando un Louie Louie a la Roslie sobre un micrófono de PC. As pernas a tremer co seísmo que o amplificador barrena no chan, e co respeto á segunda mellor canción da historia. Unha vez derrotado o monstro da Primeira Vez, o Snob arrástrase ata casa coas cordas vocais colgando por fora da boca, coma se estivese a engolir fideos chineses. As primeiras críticas non tardan en chegar:
- A Juanito le moló. Dice que tienes voz de yonki.

segunda-feira, dezembro 19, 2005

Incógnitas

Cómo pode deixar ocos tan grandes Nada En Absoluto? En qué estaría pensando cando merquei eses mitóns de coiro modelo Moteiro Chungo? Contaría dalgún xeito como éxito o fracaso definitivo en todos os eidos da vida, tras anos de conspirar contra min mesmo como principal ocupación? Qué forzas do ultraterreo guían a miña man cando xogo aos dardos? Cómo a mera presencia de alguén pode facerme sentir coma no fogar, e tan lonxe del ao tempo? Qué será da Inquisición sen min, o seu Papa? Son cada día un chisco máis parvo e ignorante, ou teño esa impresión precisamente por todo o contrario? É normal sangrar tanto? Chamarás?