sexta-feira, julho 30, 2004

Breve comunicado


- ¡Qué lástema de bois!

Este blogue declárase antitaurino e outorgador ós afeccionados ás touradas das cualidades de iñorantes, féridos, duros, imbéciles, escuros e especialmente filhos de puta.

quarta-feira, julho 28, 2004

Nirvana


por Charles Bukowski

sen moitas oportunidades,
completamente ceibo de
propósito,
era un mozo
montado nun bus
por North Carolina
caminho dalgún lugar
e comezou a nevar
e o bus parou
nun pequeno café
nos outeiros
e os viaxeiros
entraron.
sentou no mostrador
cos outros,
pediu e a
comida chegou.
estaba
particularmente
boa
e o
café.
a camareira era
diferente das mulheres
que tinha
conhecido.
non era afectada,
había un aire
natural que vinha
dela.
o cocinheiro dicía
parvadas.
o fregaplatos,
no fondo,
ría, unha boa
limpa
agradable
gargalhada.
o mozo miraba
a neve polas
fiestras.
quería ficar
naquel café
pra sempre.
un estranho sentimento
embargouno
de que todo
era
fermoso
alí,
que sempre
ficaría fermoso
alí.
entón o conductor do bus
díxolles ós viaxeiros
que era hora
de embarcar.
o mozo
pensou, vou sentar
aquí, ficarei
aquí.
pero entón
ergueuse e seguiu
ós outros dentro do
bus.
atopou o seu asento
e mirou o café
pola
fiestra.
entón o bus arrincou,
tomou unha curva,
costa abaixo, fora
dos outeiros.
o mozo
miraba cara
diante.
escoitaba ós outros
viaxeiros
falando
doutras cousas
ou estaban
a ler
ou
tentaban
durmir.
non
repararan
na
maxia.
o mozo
puxo a cabeza
de lado,
pechou os
olhos,
finxiu
durmir.
non había
máis que facer-
só escoita-lo
sonido do
motor,
o sonido das
rodas
na
neve.

domingo, julho 25, 2004

De romaría



Algúns desexarían que tódolos días fosen coma o nadal.

Eu, coma o Día da Patria.